Pon o enderezo IP na túa web (servizo gratuíto)
Se tes unha páxina web, un foro ou un blog, Ver a miña IP ofréceche a posibilidade de amosar a IP dos teus usuarios nas túas páxinas. Este servizo é gratuíto e moi doado de configurar: abonda con copiar o código de máis abaixo e pegalo no HTML das túas páxinas no lugar onde queiras que apareza. Non inclúe ningún tipo de publicidade, simplemente unha ligazón a esta páxina.
Así se verá na túa páxina:
Código para a túa web
Por que poñer o enderezo IP na miña web?
Hai moitas razóns para poñer o enderezo IP na túa web, pero a principal é disuadir a quen queira deixar mensaxes anónimas con insultos ou spam. É recomendable amosar a IP do usuario na páxina na que escribe comentarios ou abre novos fíos nun foro. Como o enderezo IP é unha identificación única, saberá que calquera cousa que faga podería ser identificada. Loxicamente isto NON nos protexe contra este tipo de mensaxes, pero fai que o usuario o pense dúas veces antes de escribir calquera cousa.
Por outra banda, amosar a IP do usuario nas túas páxinas web é un servizo engadido que dá valor á túa web.