Test de velocidade da túa conexión a internet

Comproba nuns segundos a velocidade real da túa conexión: a latencia (ping), a velocidade de descarga e a velocidade de subida. O test execútase no teu navegador contra o noso servidor e non cómpre instalar nada.

Test de velocidade

Latencia
— ms
 
Descarga
— Mbps
 
Subida
— Mbps
 

Preme o botón para comezar. O test dura uns 20 segundos.

Para obter un resultado fiable, pecha descargas, vídeos en streaming e outras lapelas ou dispositivos que estean a usar a conexión mentres dure o test.


Como funciona o test de velocidade?

O test realízase en tres fases. Primeiro mide a latencia enviando varias peticións pequenas ao servidor e calculando o tempo de ida e volta (a mediana en milisegundos) e o jitter, que é a variación entre unha petición e a seguinte. Despois mide a velocidade de descarga descargando ficheiros de datos aleatorios con varias conexións á vez durante uns segundos e, por último, a velocidade de subida enviando datos aleatorios xerados no teu navegador.

Os resultados exprésanse en Mbps (megabits por segundo), a mesma unidade que usan os operadores para anunciar as súas tarifas. Para pasar a megabytes por segundo (MB/s) abonda con dividir entre 8: unha conexión de 100 Mbps descarga como máximo 12,5 MB por segundo.

Que é unha boa velocidade?

Por que o resultado pode ser menor ca o contratado

Privacidade

O test só transfire datos aleatorios sen ningún significado. Non se envía nin se garda ningún dato persoal nin ningún ficheiro do teu equipo, e os resultados non se almacenan no servidor.